Historia da sociedade

GALLAECIA AUDITORÍA E CONSULTORIA EMPRESARIAL, S.L.P., é unha empresa, de recente creación, pero á vez, cunha longa traxectoria e experiencia, como sucesora da entidade G. SOTO DIAZ AUDITORES Y CONSULTORES, S.L.U., en quen o seu fundador, D. Germán Soto Díaz, confiou o seu legado.

GALLAECIA constitúese no exercicio 2012. Actualmente son dous socios:

  • Montserrat González Fernández, con máis de 25 años de traxectoria profesional no ámbito de consultoría, auditoría e asesoría empresarial, doce de eles como xerente da entidade G. SOTO DIAZ AUDITORES Y CONSULTORES EMPRESARIALES, S.L.U. Ademáis  de impartir docencia como Profesora no Master de Auditoría e Contabilidade da Universidade de Vigo, así como desempregar tarefas de mediadora no ámbito empresarial e familiar.
  • Miguel Ángel López Álvarez, con experiencia nas diferentes áreas da empresa, tanto en consultoría como en auditoría, dende fai máis de 15 anos. Tamén actúa como mediador no ámbito civil e mercantil, así coma desempregar a súa labor profesional coma auditor de contas da sociedade GALLAECIA AUDITORÍA E CONSULTORIA EMPRESARIAL, S.L.P.

GALLAECIA fórmano ademais un gran grupo de profesionais altamente capacitados que se encargan de velar polo correcto funcionamento do seu negocio. Confiar en GALLAECIA é confiar no bo saber facer dun equipo actual e ben preparado.

Contacte con nos para obter máis información

 


O equipo de GALLAECIA AUDITORIA E CONSULTORIA EMPRESARIAL, S.L.P está formado por profesionais que contan cunha ampla experiencia e formación continuada, o que avala  a súa integridade, independencia e capacidade técnica para o desenvolvemento do seu traballo.

Factores como a confidencialidade, a experiencia dos seus profesionais combinados co firme propósito de ofertar o máxime compromiso de servizo e atención o cliente, forman parte dos fundamentos polos cales GALLAECIA se rixe. Buscamos lograr el éxito de nuestros clientes.

A nosa empresa está estruturada por departamentos, e os seus membros manteñen unha formación continuada para estar ao día na normativa vixente, e para adaptarse ás necesidades de cada cliente:

  • Departamento fiscal
  • Departamento de Auditoría y contabilidad.
  • Departamento Mercantil
  • Departamento Laboral

Ponte en contacto con nos para coñecer todos os nosos servizos ofertados.

Máis información

 


O noso proxecto está orientado a ofrecer un amplo abanico de servizos á empresa, entre os que destacamos asesoría, auditoría e consultoría en xeneral, así como, a reorganización de procesos con obxectivos de eficiencia e eficacia. Cada entidade é diferente e única, por iso entendemos que resulta fundamental coñecer as súas necesidades a todos os niveis, para prestar un servizo diferenciado e adaptado á empresa e as súas circunstancias, o que constitúe un piar básico no noso sistema de traballo, e cultura empresarial.

Poñemos especial énfase no cumprimento da normativa vixente, por a súa crecente complexidade, para un mellor control dos riscos, cuestión primordial nas organizacións.

Cos nosos clientes, realizamos unha atención directa, colaborando en cada momento coas persoas que integran o seu equipo de traballo, respectando e valorando a súa experiencia e coñecemento, pero ofrecendo o noso apoio profesional para prestar o mellor asesoramento especializado.

Para GALLAECIA ningún cliente e igual, e as súas necesidades tampouco o son, por iso ofrecemos un servizo cercano e capaz para asesorar correctamente na toma de decisións.

Confíe no noso bo saber facer.

Máis información

 

Os nosos valores Denominación

Dos nosos desexos de non esquecer a orixe, nace o nome de GALLAECIA. Históricamente utilizado polos romanos para identificar ao territorio situado no extremo noroccidental da Península Ibérica, habitado por pobos indoeuropeos de lingua céltica denominados galaicos ao oeste, e ástures ao este.

Co tempo, no século IV, “a Gallaecia” chegou a abarcar case todo o norte de Hispania. O nome foi evolucionando ata a actual Galicia, a pesares de non coincidir co antigo territorio romano.

Obter más información