Auditoría

Que é unha auditoría de Contas?

Unha auditoría de  contas é a verificación da información económico-financeira dunha entidade, realizada por un auditor co fin de comprobar se as súas contas mostran a imaxe fiel do patrimonio, a situación financeira e os resultados obtidos pola entidade nun determinado período.

Máis información

Contables

Que é contabilidade?

Sistema e procesos realizados pola entidade para controlar a actividade e rexistrar os gastos e ingresos e demais operacións económicas que realiza unha empresa ou entidade, dentro do marco legal que lle corresponde.

Máis información

Mercantil

Que é o asesoramento mercantil?

Asesoramento e apoio ata finalizar a súa execución, en procesos de constitución de sociedades, disolución, modificacións estatutarias, como pode ser a ampliación ou redución de capital, o cambio do Órgano de Administración, etc..

Máis información

Fiscais

Que é a fiscalización?

Conxunto de leis, sistemas e procedementos da Facenda pública sobre taxas, impostos e contribucións que rexen nun estado.

Máis información

Consultoría

Que é a Consultoría e a reorganización dunha empresa?

Análise dos procesos e distribución de funcións das organizacións, co obxectivo de obter maior eficacia e eficiencia, dentro do cumprimento de toda a normativa xeneral e especial que pode afectar a entidade, en aras a preservar a responsabilidade dos responsables do Órgano de Administración. Todo iso, tendo en conta a normativa actual de responsabilidade penal das entidades xurídicas.

Máis información

Mediación

Qué é a mediación?

Intervención dunha persoa ou organismo nunha discusión ou nun enfrontamento entre dúas partes para encontrar unha solución.

Trabállase coas partes entre as que existen diferencias e/ou conflitos para posibilitar un acordo no que ambas gañen, e non teñan que prolongar no tempo e en instancias xudiciais a situación de conflito que prexudica gravemente ás organizacións e, en moitos casos ás persoas, deteriorando as relacións.

Máis información