
Que é unha auditoría de Contas?
Unha auditoría de contas é a verificación da información económico-financeira dunha entidade, realizada por un auditor co fin de comprobar se as súas contas mostran a imaxe fiel do patrimonio, a situación financeira e os resultados obtidos pola entidade nun determinado período.

Que é contabilidade?
Sistema e procesos realizados pola entidade para controlar a actividade e rexistrar os gastos e ingresos e demais operacións económicas que realiza unha empresa ou entidade, dentro do marco legal que lle corresponde.

Que é o asesoramento mercantil?
Asesoramento e apoio ata finalizar a súa execución, en procesos de constitución de sociedades, disolución, modificacións estatutarias, como pode ser a ampliación ou redución de capital, o cambio do Órgano de Administración, etc..

Que é a fiscalización?
Conxunto de leis, regramentos e procedementos que regulan as relacións entre as administracións públicas e os contribuintes dun estado.

Que é a Consultoría e a reorganización dunha empresa?
Análise dos procesos e distribución de funcións das organizacións, co obxectivo de obter maior eficacia e eficiencia, dentro do cumprimento de toda a normativa xeneral e especial que pode afectar a entidade, en aras a preservar a responsabilidade dos responsables do Órgano de Administración. Todo iso, tendo en conta a normativa actual de responsabilidade penal das entidades xurídicas.

Qué é a mediación?
Intervención dunha persoa ou organismo nunha discusión ou nun enfrontamento entre dúas partes para encontrar unha solución.
Trabállase coas partes entre as que existen diferencias e/ou conflitos para posibilitar un acordo no que ambas gañen, e non teñan que prolongar no tempo e en instancias xudiciais a situación de conflito que prexudica gravemente ás organizacións e, en moitos casos ás persoas, deteriorando as relacións.

Fiscalidade Bitcoin e outras criptomonedas.
Desde hai uns anos, Bitcoin foi considerado un medio legal de pago. Nos últimos tempos, xunto con outras cripto-moedas, están sendo un dos investimentos a pequena e grande escala por empresas e particulares.
Por iso, cremos que é importante ofrecer asesoramento neste tipo de operacións para que se leven a cabo coñecendo e cumprindo todas as obrigas tributarias que lles afectan.